O BNG de Monforte organiza un Encontro pola Patria cunha ruta guiada pola cidade do Cabe
O BNG de Monforte organiza un Encontro pola Patria este xoves, 1 de agosto, ao que convidan a participar a toda a comunidade a participar, xa que é un acto aberto a nivel comarcal “que marcará o peche do Mes da Patria”.
Este evento consistirá nunha ruta guiada titulada ‘O Monforte das Revoltas Irmandiñas’, e contará coa participación de Rosana Prieto como guía oficial e Iván Álvarez como historiador e arqueólogo.
Así, a partir das 19.00 horas as persoas que participen sairán desde San Vicente e concluirá sobre as 20.30 horas no restaurante Trés Pés, onde haberá uns petiscos de confraternización.
"Non é un acto dun partido político, é un acto aberto onde toda persoa que teña conciencia de país é benvida”, di Manuel Luaces, responsable local do BNG en Monforte.