O BNG de Monforte impulsa unha moción para crear puntos de carga para vehículos eléctricos
RibeiraSacraXa
O BNG de Monforte impulsa unha moción para crear puntos de carga para vehículos eléctricos
26 Xan 2023
Emilio José Sánchez, en representación do BNG de Monforte, declarou que vai presentar no vindeiro pleno municipal unha moción solicitando a creación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.
O concelleiro considera que este servizo é un "compromiso coa sostibilidade e o medio ambiente, xa que é eficiente para conducir, e de fácil recarga e é nunha alternativa sostible porque non xera emisións de gases contaminantes, que cada vez vai recortando terreo aos automóbiles tradicionais".
Por iso, critican que o Concello de Monforte non propuxera "ningunha iniciativa ao respecto", polo que no vindeiro pleno será o grupo nacionalista quen impulse a súa posta en servizo no espazo público, "como xa existe noutros concellos", declaran.