O BNG de Monforte denuncia verteduras ao Río Cabe
O BNG Monforte anunciou que no próximo pleno do luns 29 de xullo formularán unha pregunta ao equipo de Goberno sobre as verteduras que se están producindo no Río Cabe, desde o Caneiro ata o Malecón. Queremos saber quen se vai a facer responsable destas verteduras e que medidas se tomarán para solucionar este grave problema.
Hoxe, varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do partido na localidade monfortina para alertar sobre a presenza de centos de peixes mortos flotando ao longo do río. "Esta situación é inaceptable e require unha resposta inmediata", din.
Queremos criticar ao equipo de Goberno "pola súa falta de sensibilidade cara aos temas ambientais. Estamos cansados de sufrir e ver como o equipo de goberno mira para outro lado constantemente en relación cos verquidos ao río. O equipo de goberno debe tomar medidas urxentes para abordar este problema e protexer a nosa contorna natural".
"É imperativo que se tomen accións inmediatas para deter estos verquidos e previr futuros danos ao ecosistema del Río Cabe. A cidadanía merece unha contorna limpa e segura, e é responsabilidade do equipo de goberno garantilo" di Emilio J. Sánchez, voceiro do BNG en Monforte.