O alumnado de Samos e Triacastela visitou Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa | SarriaXa
O alumnado de Samos e Triacastela visitou Folgoso do Courel e os nenos do CPI Uxío Novoneyra tamén os acolleron
Ceip Samos no Uxio Novoneyra
7 Mar 2023

O alumnado de CEIP Samos e do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela visitaron Folgoso do Courel e o CPI Poeta Uxío Novoneyra.

Pola mañá foron ata o colexio, onde os recibiu Tania, a mestra coa que coordinan o traballo do libro 'O Misterio de Portomarín'.

Tras desfrutar das anécdotas de Antía Yáñez, a autora da obra, e de expórlle preguntas, despedíronse para ir cara ao Camping de Seoane, onde xantaron e xogaron coa colaboración de Pilar, xefa de estudos do colexio do Courel.

Pola tarde, subiron ata o Castelo de Carbedo, onde realizaron actividades nas que mestrurados en grupos, escoitaron e anotaron os sons da naturezae descubriron a vida castrexa que alberga O Courel con diversas imaxes e coñecemos a historia do Castelo de Carbedo a través dunha pequena exploración guiada.

0.050378084182739