O alumnado de 4º da ESO do IES A Pinguela acolleu un recital poético da escritora vasca Miren Agur
A escritora e tradutora en euskera Miren Agur Meabe Plaza, galardoada co Premio Nacional de Poesía 2021 por 'Nola gorde errautsa kolkoan' ('Como gardar cinza no peito'), visitou ao alumnado do IES A Pinguela de Monforte invitada polo equipo de Biblioteca Olga Novo para ofrecer un recital poético ao alumnado de 4º da ESO.
Durante a xornada, a escritora presentou a súa obra e levou a cabo un recital no que a poeta soubo conectar cos alumnos e resaltou a súa implicación e participación dos mozos e mozas que lle atenderon.
Agur é diplomada en Maxisterio e licenciada en Filoloxía Vasca e desde 1990 dirixiu a editorial Giltza-Edebé no País Vasco. Na actualidade o seu traballo está centrado na tradución e na creación literaria. Como escritora, a súa obra desenvólvese sobre todo en torno á poesía e á literatura infantil e xuvenil.
Ao longo da súa carreira foi galardoada con distintos premios e varias das súas obras foron traducidas a catalán, español e galego e desde 2006 é membro colaborador da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia.