O alcalde participa na Homenaxe a Rafael Aguiar organizada polo Ateneo Casino de Monforte
RibeiraSacraXa
No acto interviu o catedrático Anxo González Guerra, coa ponencia 'A radio da miña infancia'
6 Xuño 2024
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, participou na Homenaxe a Rafael Aguiar organizada polo Ateneo Casino de Monforte, co gallo dos seus 40 anos facendo radio en Monforte e na comarca de Lemos.
No acto interviu o catedrático Anxo González Guerra, coa ponencia 'A radio da miña infancia' e, a continuación, a investigadora antropolóxica e escritora Mar López Sotelo, inaugurou o proxecto de dinamización cultural da nova etapa da Biblioteca de Mesopotamia do Ateneo Casino e tamén repasou a vida profesional de Rafael Aguiar. Tamén participou o CEO de Hermanager.
Ao acto acudiu numeroso público, así como diversas autoridades da cidade e dos concellos veciños.