O alcalde de Monforte participou na festa de despedida da panadería Carud

RibeiraSacraXa
Na festa de despedida, os asistentes puideron disfrutar de música en directo degustar empanadas variadas e bica ofrecidas de xeito gratuíto
despedida-panadería-Carud-Monforte
30 sep 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acudiu á festa de despedida que a centenaria panadería Carud ofreceu aos veciños e veciñas de Monforte, xa que pechou onte sábado as súas portas.

No acto, o rexedor estivo acompañado polos concelleiros de Servizos, José Luis Losada, e Consumo, Regina López, así como polo propietario da panadería Carud, Felipe Grande.

Na festa de despedida, os asistentes puideron disfrutar de música en directo degustar empanadas variadas e bica ofrecidas de xeito gratuíto pola panadería, que permaneceu aberta 100 anos no barrio de Carude, 75 ininterrompidos, pola familia Rodríguez López.

O Concello de Monforte colaborou con esta festa de despedida, un xeito tamén de renderlle homenaxe a un dos negocios máis senlleiros da cidade.

0.18722200393677