O alcalde de Chantada participou na presentación de 'Heroica', o viño da escritora Dolores Redondo
O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, participou na presentación de 'Heroica', o viño da escritora Dolores Redondo Meira e a familia bodegueira chantadina Méndez-Rojo celebrada en Vía Romana Adegas e Viñedos.
Esta adega de Chantada é un dos escenarios do libro da autora 'Todo esto te daré', Premio Planeta 2016.
No acto, tamén estiveron Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia; María José Gómez, conselleira de Medio Rural; José López, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Javier Arias, delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo; Antonio Lombardía, presidente da D.O. Ribeira Sacra; Luis Fernández, presidente do Ribeira Sacra Consorcio de Turismo e outros representantes institucionais e achegados á adega e á escritora.