O acto 'Conectando o polo co sector primario de transformación' puxo en valor o traballo das adegas da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
O acto 'Conectando o polo co sector primario de transformación' puxo en valor o traballos das adegas da Ribeira Sacra
Polo Sur adegas
5 May 2023

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Lugo Sur organizou un acto titulado 'Conectando o polo co sector primario de transformación', no que a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, deu a coñecer as boas prácticas de empresas da provincia na adega Abadía da Cova.

A directora xeral puxo en valor a “velocidade de cruceiro” que está a tomar o Polo de emprendemento Lugo Sur (situado en Monforte), que xa asesora a 28 persoas que están a liderar 26 proxectos empresariais activos.

Tal e como destacou Ardao, a Ribeira Sacra, ademais de ser unha das rexións máis fermosas de Galicia, é “fonte de inspiración para moitas persoas emprendedoras”. “Esta área xeográfica ofrece gran cantidade de oportunidades a diferentes sectores, entre eles ao sector primario de transformación que desempeña un papel fundamental na economía deste territorio”, engadiu.

Así, nesta xornada déronse a coñecer as boas prácticas de empresas como Adegas Moure, Casa da Fonte, Gandería Poluan, Airas Moniz e Tuta Fruta Eco Products. A través dunha dinámica de traballo colaborativo, as persoas participantes puideron traballar na identificación, a partir das necesidades do sector primario, os principais retos que poden xerar oportunidades de negocio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20066905021667