O 27 de outubro terá lugar a andaina para mulleres ‘Mulleres polos Canóns do Sil’
RibeiraSacraXa
Esta iniciativa parte da organización do Concello de Quiroga, o Xeoparque Montañas do Courel e o CIM de Quiroga
26 Out 2024
O Concello de Quiroga, o Xeoparque Montañas do Courel e o CIM de Quiroga organizan unha excursión dirixida ás mulleres do Xeoparque Montañas do courel o vindeiro 27 de outubro.
Baixo o nome de ‘Mulleres polos Canóns do Sil’, esta iniciativa diríxese a mulleres que queiran participar dunha actividade en comunidade e sororidade, pola que terán que pagar 25 euros para sufragar a viaxe en barco e a comida.
Así, sairán ás 09.00 horas ao parador de Santo Estevo, ás 11.30 horas irán ao Mosteiro de Santa Cristina, ás 13.30 horas irán a Castro Caldelas para xantar. Pola tarde, ás 16.00 horas sairán cara a Doade, onde darán unha volta en catamarán, ás 18.30 horas irán á Alfarería de Gundivós e ás 19.30 horas regresarán a Quiroga.