O 2 de setembro haberá unha concentración en Monforte pola escalada da ofensiva sionista

RibeiraSacraXa
Mar de Lumes convoca diversas manifestacións en varias localidades galegas para protestar ante a expulsión definitiva da poboación palestina en Cisxordania
concentración-Palestina-Monforte
1 Sep 2024

A organización internacionalista Mar de Lumes convoca unha serie de concentracións en Galicia para denunciar a escalada da ofensiva sionista en Cisxordania, que ten como obxectivo a expulsión definitiva da poboación palestina.

"Trátase dun novo e preocupante capítulo na ocupación de Palestina, que foi amplamente difundido a través dos medios de comunicación, mostrando o sufrimento de todo un pobo", explican.

Así, en Monforte de Lemos, a concentración levarase a cabo o próximo 2 de setembro na Praza de España ás 20.30 horas. Os organizadores fan un chamado a toda a xente da comarca para que acudan e expresen o seu rexeitamento ao que cualifican como "unha barbarie".

Esta manifestación será parte dunha serie de concentracións simultáneas en varias localidades galegas, todas coordinadas por Mar de Lumes e o obxectivo é "visibilizar a grave situación en Cisxordania e mostrar a solidariedade do pobo galego con Palestina, esixindo o cesamento inmediato da ofensiva e a protección dos dereitos humanos na rexión".

0.171550989151