Nove gandarías de Lugo e outras tantas da Coruña gañan os premios Exceleite

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa
Tiveron 9 galardóns cada unha, que foron entregados pola conselleira María José Gómez
entrega-premios-exceleite
22 Nov 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, definiu os gandeiros galegos como “garantes dunha parte moi importante da identidade de Galicia” e cualificou o sector leiteiro como “indispensable no económico, pero tamén na variable demográfica e social, para vertebrar e manter poboación no rural”. A conselleira, acompañada por varios altos cargos do seu departamento e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, pechou o acto de entrega dos VIII Premios á Excelencia Hixiénico-Sanitaria das Explotacións Leiteiras de Leite Cru de Vaca (Exceleite 2024).

Neste evento, Gómez puxo en valor estes galardóns, cos que se recoñece o compromiso dos produtores coa calidade do xeito máis sustentable, así como o seu rigoroso respecto polo benestar animal, sempre procurando a excelencia na súa actividade. Trátase tamén -incidiu a conselleira- de recompensar toda a entrega e sacrificio destes profesionais.

Na súa intervención, a titular de Medio Rural reiterou o decidido apoio da Xunta a este sector estratéxico do rural galego, que se plasma mediante a planificación -cunha estratexia específica-, a promoción, a protección, a formación, o fomento da remuda xeracional ou a mobilización de terras, entre outras actuacións.

Estratexia de dinamización do sector

Así, respecto da Estratexia de dinamización, Gómez puxo de relevo que foi elaborada en consenso cos axentes deste eido e que inclúe ata 125 medidas enfocadas na produción, a industria, os mercados, a cadea de valor a formación e a innovación. Trasladou ademais que está dando os seus froitos, xa que -destacou- “estamos a piques de lograr o obxectivo que nos marcamos, de pasar do 50% da transformación do leite en Galicia ata o 75%”.

En materia de promoción, a conselleira puxo en valor os oito millóns de euros que o seu departamento destinará o vindeiro ano para divulgar a excelencia dos produtos agroalimentarios da nosa comunidade, entre eles, de xeito destacado, o leite galego e os seus derivados. No eido da protección, María José Gómez mencionou fitos como o selo de calidade Galega 100% ou as denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Queixo Tetilla ou San Simón da Costa, que os consumidores perciben claramente como garantía de calidade.

No ámbito formativo, a conselleira salientou o éxito dos seis centros de formación e experimentación agraria adscritos a Medio Rural, que ofertan un total de 14 ciclos de grao superior e medio. Canto á mobilización de terras, subliñou o importante papel dos instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria, que xunto coas parcelarias propiciaron xa a mobilización de máis de 9.500 hectáreas na nosa comunidade.

Remuda xeracional e axudas da PAC

Sobre a remuda xeracional, Gómez destacou que nos últimos anos incorporáronse ao agro uns 5.000 mozos con apoio das axudas xestionadas pola Xunta, que leva investidos preto de 250 millóns de euros nesta tarefa. Asemade, remarcou o feito de que moitas destas incorporacións producíronse en explotacións leiteiras.

Nesta liña, a conselleira fixo tamén fincapé no esforzo do Goberno galego para adiantar a outubro o pago de 45 millóns de euros en concepto de anticipo das axudas da PAC e reiterou que ao longo do mes de decembro faranse efectivos outros 140 millóns destas achegas, claves para garantir a sustentabilidade da actividade agrogandeira.

relacion-de-premiados-exceleite

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1798300743103