No Saviñao farán un cribado entre as persoas que traballan en atención ao público
O Concello do Saviñao vén de informar de que o Sergas fará un cribado entre os veciños e veciñas do municipio os vindeiros días 29 e 30 de marzo. A acción diríxese especialmente a aquelas persoas que traballan de cara ao público no municipio, que este venres entra no nivel alto de restricións co foco posto en dous gromos.
O cribado, mediante probas PCR, levarase a cabo os vindeiros luns e martes polas tardes, na carpa da Praza de España de Escairón.
As persoas interesadas en realizar estas probas poden comunicalo chamando ao teléfono 982 452 061, de 8.00 a 20.00 horas, ou a través do correo savinao@telefonica.net. Deberán indicar o número de DNI e un teléfono de contacto.
O Sergas remitiralles aos voluntarios unha mensaxe, confirmando o día e á hora á que deberán presentarse para a toma das mostras.