Nina Rodríguez Rodríguez gaña o X Concurso de Carteis da XX Feira Tradicional de Rubián ‘Outrora’
RibeiraSacraXa
Ao concurso presentáronse un total de 18 orixinais chegados de diferentes puntos
2 Xul 2024
O Concello de Bóveda falla o X Concurso de Carteis da XX Feira Tradicional de Rubián ‘Outrora’, que terá lugar o vindeiro domingo, 14 de xullo.
O traballor gañador é autoría da viguesa Nina Rodríguez Rodríguez, que recibirá un premio de 400 euros.
Ao concurso presentáronse un total de 18 orixinais chegados de diferentes puntos; da Comarca de Lemos, do resto de Galicia e tamén de fóra, de lugares como Madrid, Alicante, Zaragoza, Albacete ou Vitoria.