Monforte iluminará a Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde no Día Mundial contra o Cancro
O Concello de Monforte conmemora o Día Mundial contra o Cancro cun xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola enfermidade do cancro iluminando esta noite a Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.
Cada ano, o 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o Cancro como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade.
Baixo o lema da campaña deste ano 'Non podes elixir entre mamá ou papá. O cancro si', o obxectivo da Asociación Española contra o Cancro (AECC) é crear un movemento social para involucrar a persoas, empresas e institucións na loita contra o cancro. A campaña foi declarada polo Goberno de España contecemento de excepcional interese público (AEIP).
Neste senso, o alcalde de Monforte sinala que "dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois o cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade".
O Concello de Monforte sumarase ao chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro e ademais de iluminar a Torre da Homenaxe de cor verde, o alcalde anima á cidadanía a colaborar coa Asociación dando visibilidade á enfermidade compartindo nas redes sociais un texto conforma se apoia á iniciativa #TodosContraElCáncer.