Monforte conmemora o Día Mundial contra o Cancro
![monforte-dia-contra-o-ccancro](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/2025/02/monforte-dia-contra-o-ccancro.jpg)
Os concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, Deportes, José Manuel Mougán, Consumo, Regina López, Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, e Muller e Igualdade, Margarita López, participaron na mañá de hoxe nos actos de conmemoración do “Día Mundial contra o Cancro” que a Asociación Española contra o Cancro organizou ás 12 horas na rúa Cardeal de Monforte
No transcurso do acto, representantes desta asociación en Monforte leron un manifesto con motivo desta conmemoración.
Esta noite, dende o Concello procederase a iluminar de verde a Torre da Homenaxe de Monforte, para conmemorar este día. O Concello colabora estreitamente coa Asociación Española contra o Cancro en Monforte, coa cesión de 3 locais para dita asociación, desde os que atenden a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade, e tamén na organización da Carreira contra o Cancro, cuxa última edición celebrouse en setembro de 2024.