Monforte conmemora o Día internacional do Duelo Xestacional, Perinatal e Neonatal

O Concello de Monforte súmase este martes, 15 de outubro, á conmemoración do Día internacional do Duelo Xestacional, Perinatal e Neonatal, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul e rosa, utilizando para elo dúas das súas fachadas.
O alcalde, José Tomé Roca, indica que “con este xesto, e apoiando a petición feitsa pola asociación Bolboretas no ceo, queremos render unha homenaxe ás familias que sufriron a morte do seu bebé durante o período de xestación ou unha vez que se levou a cabo o nacemento".
A morte xestacional ou fetal ocorre cando o feto ten máis de 22 semanas no ventre da súa nai. No caso de alcanzar as 28 semanas ou inclusive nacer e superar a primeira semana de vida, pero ocorre o deceso, entón fálase de morte perinatal. Este tipo de morte está relacionada con diversos factores tanto xenéticos como ambientais. Tamén se fala dos factores de risco, que poden deberse á nai, o feto ou á placenta.