Monforte conmemora o 25N baixo o lema “Monforte en negro contra as violencias”

RibeiraSacraXa
A Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López foi a encargada de ler o Manifesto, dentro dos actos da Campaña arredor do 25 de novembro
Monforte-25N
25 Nov 2024
O Concello de Monforte conmemora o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres baixo o lema “Monforte en negro contra as violencias”.
A Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López foi a encargada de ler o Manifesto, dentro dos actos da Campaña arredor do 25 de novembro. Estivo acompañada polo Alcalde, José Tomé, e diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación Municipal.
A concentración tivo lugar na praza do Concello a partir das 12:o0 horas, e tras a lectura do manifesto seguiu a representación da Peza de Microteatro titulada “O que pasa na lareira queda na lareira” a cargo da artista Merche Pérez. Tras ela, diversos alumnos e alumnas leron palabras simbólicas, e posteriormente repartiuse entre o público asistente material de sensibilización.
No acto participaron alumnos e alumnas de primaria, así coma profesores e profesoras, dos diferentes centros educativos da cidade, así como persoal do Concello e monfortinos e monfortinas.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19638085365295