Monforte acolle un obradoiro de Competencias Dixitais para conmemorar o Día da Muller Rural
O concello de Monforte, a través da concellería de Muller e Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), celebrará un Obradoiro de Formación en Competencias Dixitais Básicas para a busca de emprego, que servirá ademais para conmemorar o Día da Muller Rural, o 15 de outubro.
A actividade está dirixida a mulleres, é gratuíta, e de carácter presencial e contará cunha duración de 7 horas que se impartirán o xoves 13 e venres 14 de outubro na sala de informática do Centro Cívico Social (1º planta) en horario de 10.00 a 13.30 horas. As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición presencialmente no CIM sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número de teléfono 982 416 350.
Dende o Equipo de Goberno do concello, considera necesario seguir realizando un ano máis este tipo de actuacións para actualizar as competencias dixitais das mulleres, dotándoas de habilidades dixitais avanzadas para fomentar a xestión eficiente dos recursos dispoñibles na rede.
Esta actividade está organizada en colaboración con Fundación Mujeres e está enmarcado dentro do Programa DANA de formación para o empoderamento de mulleres para o emprego, financiado por el Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social y el Fondo Social Europeo.
O obxectivo desta actividade é reducir a brecha dixital de xénero, loitar contra o reto demográfico a través do impulso cara a formación no ámbito rural e a dixitalización como camiño para mellorar a empregabilidade feminina.
Deste xeito, entre as competencias que se impartirán neste obradoiro se incluirán como realizar trámites online coa administración pública (Certificado dixital, Chave 365, Seguridade Social), como usar o ordenador para a busca de emprego, e tamén se traballarán competencias dixitais para o emprego e o emprendemento.