Manuel Luaces, reelixido como responsable local do BNG de Monforte

RibeiraSacraXa
A formación nacionalista vén de renovar o Consello Local, que estará formado por Candela López, Emilio Sánchez, Rosana Somoza, Alan Damián, Chelo Díaz, Xosé Lois Cortés, María Luísa López, Gabriel Díaz
membros-do-consello-local-do-bng-de-mongorte
Membros do Consello Local do BNG de Monforte
7 Mar 2025

A Asemblea Local do BNG de Monforte vén de elixir a Manuel Luaces como responsa-ble local, xunto cun renovado Consello Local “que combina experiencia e renovación”, aseguran dende a formación.

A dirección local queda conformada por Candela López, Emilio Sánchez, Rosana So-moza, Alan Damián, Chelo Díaz, Xosé Lois Cortés, María Luísa López, Gabriel Díaz.

Na súa intervención, Luaces destacou o compromiso do grupo para fortalecer a organi-zación en Monforte. Entre os obxectivos prioritarios para os vindeiros anos, sinalou o aumento da militancia, a dinamización do local mediante actividades abertas á cidada-nía e a consolidación do BNG como unha forza política clave na cidade.

Así mesmo, fixo un chamamento á participación activa da militancia e á unidade do co-lectivo para continuar avanzando nun proxecto transformador para Monforte e para Gali-cia. "A nosa prioridade é sumar máis persoas a este proxecto e demostrar que o BNG é un espazo de portas abertas onde todas as sensibilidades teñen cabida. Queremos que a xente non só se achegue, senón que se sinta parte activa desta loita colectiva", subli-ñou.

O responsable local tamén quixo recoñecer o traballo do Consello Local saínte e desta-car a figura de Iván Merayo, cuxo esforzo e dedicación son fundamentais para a organi-zación a nivel local e comarcal.

O BNG de Monforte inicia así unha nova etapa “coa vontade de seguir medrando e de ser un referente na vila”.

⚙ Configurar cookies
0.64056921005249