Manifestación do SAF en Chantada
O 22 de maio, ás 12 da mañá, vaise levar a cabo unha manifestación do Servicio de Atención no Fogar en Chantada. O obxecto desta manifestación é debido á falta de seguranza, medios e persoal para atender ás persoas de forma digna. Así mesmo, consideran que "os coidados non poden ser un negocio de políticos e empresas que conseguen que exista precariedade no servizo e explotación laboral". Tamén, defenden que trala pandemia a situación complicouse xa que se están a incrementar as privatizacións e os despidos.
Por esta razón, coa manifestación pídese un incremento de medios técnicos como guindastres, así como o cese dos despidos e o cumprimento do convenio colectivo. A esto hai que sumarlle a readmisión das traballadoras, o incremento do plantel, a remunicipación de tódolos SAF galegos e prohibir contratos de menos de 25 horas, entre outras.