Maña comeza a romaría virxe das Neves en Rigueiro, Pantón
RibeiraSacraXa
Maña e ata o vindeiro 7 de agosto, comeza a romería virxe das Neves en Rigueiro, Pantón, coa actuación de distintas orquestras
4 Aug 2022
A parroquia de Rigueiro, situada no municipio de Pantón, celebra a partir de maña as súas festas patronais que durarán ata o 7 de agosto.
A romaría na honra á virxe das Neves comezará maña día 5 coa misa solemne ás 12.00 e 13.00 horas e unha pancetada gratis amenizada polo grupo Punto Clave.
Para o sábado día 6 está prevista a misa solemne ás 13.00 horas, sesión vermú co Dúo Eclipse e inchables gratuitos para os cativos. Pola noite, a verbena estará amenizada de novo polo Dúo Eclipse.
O domingo 7, terá lugar unha misa solemne ás 13.00 horas con procesión e unha sesión vermú amenizada polo grupo de gaitas “Teixeirad”.