Mañá celebrarase en Pantón unha charla da man do enxeñeiro agrónomo Iván Vázquez Rodríguez
O municipio de Pantón acollerá mañá mércores 30 de novembro unha charla sobre Aspectos Xerais do Cultivo da Vide. O acto que correrá a cargo do enxeñeiro agrónomo e xefe da área de servizos agrarios de Monforte, Iván Vázquez Rodríguez, terá lugar ás 20.00 horas no local social da asociación de veciños A Curuxeira que está situado na Lama.
A cita é de balde e está aberta a todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos acerca do cultivo da vide, tales como canto tempo tardan en dar froito, como se debe preparar o terreo para a súa plantación, cando e como podalas ou que pautas seguir para o seu correcto mantemento.
Esta é unha iniciativa organizada pola asociación de veciños A Curuxeira, da parroquia de Espasantes, en Pantón.
Ó remate da charla terá lugar unha chocolatada gratis da que poderán desfrutar tódolos asistentes.