Julio García Comesaña puxo en valor as obras da Xunta no centro de saúde de Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O candidato do PPdeG ao Parlamento de Galicia e conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou o Concello de Ribas do Sil xunto co portavoz do Partido Popular de Ribas de Sil, Jose Rodríguez; o deputado no Congreso, Francisco Conde, e varios membros do PP local para comprometer avances no proxecto de reforma do centro de saúde de San Clodio.
centro de saúde Ribas de Sil PP
10 Feb 2024

O candidato do PPdeG ao Parlamento de Galicia e conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou o Concello de Ribas do Sil xunto co portavoz do Partido Popular de Ribas de Sil, Jose Rodríguez; o deputado no Congreso, Francisco Conde, e varios membros do PP local para comprometer avances no proxecto de reforma do centro de saúde de San Clodio.

Julio García Comesaña confirmou que “a reforma do centro de saúde da localidade está incluída entre as actuacións da fase 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria da Xunta de Galicia” e que as actuacións suporán “unha reforma total: dende as fachadas, a cuberta, a carpintería exterior e interior e a pintura”.

As melloras permitirán corrixir os problemas de filtracións, mala ventilación e falta de accesibilidade das instalacións, que xa cumpren 35 anos. Tense en conta, ademais, que os espazos asistenciais son de dimensións reducidas; polo que se procederá a dimensionalos adecuadamente. Tamén está previsto crear novos espazos para o persoal, aseos e sala de estar, así como aseos adaptados para os usuarios.

0.17498517036438