José Tomé Roca supervisou as obras de mellora que se están a acometer nunha das vías urbanas da cidade do Cabe

RibeiraSacraXa
Para poder levar a cabo as actuacións de rexeneración do firme de dita rúa así como a aliñación da mesma, o Concello adquiriu previamente os terreos necesarios para tal fin
supervisión-dunhas-obras-en-Monforte
24 Out 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca supervisou as obras de mellora que se están a acometer nunha das vías urbanas da cidade, a rúa Santiago, no Barrio do Casar, acompañado pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada.

Para poder levar a cabo as actuacións de rexeneración do firme de dita rúa así como a aliñación da mesma, o Concello adquiriu previamente os terreos necesarios para tal fin. O proxecto de mellora da rúa Santiago, conleva a reposición do seu firme nun tramo de 340 metros lineais por 5,97 metros de ancho medios, o que supón unha superficie total de 2.030 metros cadrados.

A este proxecto o Executivo de José Tomé destinou un orzamento de 51.653,11 euros e a obra foi adxudicada á empresa Francisco Gómez y CÍA SL, por un importe de 47.674 euros.

O proxecto afecta a unha lonxitude de 340 metros lineais, cun ancho medio de 5,97 metros, o que supón unha superficie total de actuación de 2.030 metros cadrados.

No tramo central onde a vía é máis estreita, existe un peche dunha parcela que se mete dentro da aliñación que definen os outros peches. Por iso, previo ó inicio das obras, o Concello de Monforte, procedeu a regularizar esa aliñación, ocupando parte desa parcela, en concreto 32 metros cadrados de superficie.

Para iso, ademais, procederase á demolición do peche actual e á construción dun novo. É necesario, así mesmo proceder ao fresado do entroncamento inicial e unha zona na parte central, previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente.

Na parte final, antes do entroncamento coa rúa Chantada, procederase a rebaixar a rasante da vía uns 10 centímetros para evitar a entrada de auga en varias entradas de garaxes alí existentes.

Tamén, na zona central, onde existe un cruzamento dunha acequia de regadío, é necesario proceder a colocar unha laxa de formigón sobre esa acequia (na zona onde non existe) e dúas ramplas a ambos os dous lados para favorecer o paso sobre a mesma.

Así mesmo, procederase á apertura de caixa e recheo de zahorra compactada. Por último, procederase á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente, co posterior recalce das tapas existentes.

0.13167309761047