Javier Arias visitou o servizo 'Coidados porta a porta' no Folgoso do Courel
O servizo da Xunta, 'Coidados porta a porta' para maiores de 55 anos estivo onte no Courel, a onde se achegou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias xa que remataba a súa estadía en Folgoso do Courel.
Arias informou de que as próximas paradas na provincia serán en Quiroga (desde hoxe, venres, ata o martes) e en Monforte de Lemos (desde o luns ata o mércores, día 8).
A unidade móbil percorre todos os concellos lucenses, excepto o da capital, e ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto. No conxunto de Galicia, atendeu a máis de 35.000 persoas durante o último ano.
A cita pode solicitarse nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.