Isabel Pardo de Vera será a pregoeira das Festas Patronais de 2024 de Monforte

RibeiraSacraXa
O rexedor xustifica a súa elección en que “é unha figura moi importante na historia recente da cidade e da nosa provincia, xa que sendo presidenta do ADIF conseguiu traer unha inversión de 550 millóns de euros"
presentación-Festas-Patronais-Monforte-2024
15 Jul 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar quen será a pregoeira das Festas Patronais de 2024, que é Dona Isabel Pardo de Vera.

O rexedor xustifica a súa elección en que “é unha figura moi importante na historia recente da cidade e da nosa provincia, xa que sendo presidenta do ADIF conseguiu traer unha inversión de 550 millóns de euros para mellorar e modernizar o corredor ferroviario que comunica as capitais de Lugo e Ourense a través de Monforte de Lemos.

Tal e como explicou Tomé “esta é a maior inversión en ferrocarril da historia da provincia de Lugo con obras que inclúen a electrificación do trazado, a renovación das vías, a implantación de novas instalacións de seguridade e o control de tráfico, melloras tamén nas telecomunicacións, a modernización de estacións como é o caso da de Monforte e a construción do novo túnel de Oural”.

A electrificación proposta, suporá unha redución de costes operativos e un aumento nas prestacións, ademais de efectos positivos medioambientais que farán que aumente considerablemente a competitividade do ferrocarril como medio de transporte. As obras as que facemos referencia van permitir tal e como explicou Tomé “que os trens eléctricos circulen entre Ourense–Monforte-Lugo a 220-240 km/h en velocidade punta, estimando unha velocidade media en 160 km/h para percorrer os 115 kms que distan entre Ourense – Monforte – Lugo e que vai permitir chegar a Madrid no mesmo tempo que os viaxeiros que saen de cidades como Vigo ou Coruña”.

Tal e como explicou Tomé, “a esto hai que engadir que durante a súa etapa na Secretaría de Estado, negociamos o novo Convenio de 7,5 millóns de euros, para facer realidade a variante urbana dende a rotonda desde a N-120 á actual N-120, que levaba parado dende 1.995, fai case 30 anos, sen que ninguén conseguira sacar esto adiante e que agora, si se fará realidade”.

Isabel Pardo de Vera, enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, iniciou a súa carreira no sector da enxeñaría, alcanzando postos de alta responsabilidade na xestión de Infraestruturas Públicas, Servizos e Regulación dos sectores Aéreo, Ferroviario, Marítimo, Carreteiras, Transporte Terrestre, Vivenda e Xeo- información no Goberno de España. Especializouse na coordinación e xestión de proxectos multidisciplinares de alto impacto no ámbito de multimodalidade, da enerxía e da industria, ligados sempre ó progreso económico e social dos territorios.

Na actualidade, é consultora autónoma en proxectos estratéxicos. Docente en materia de Urbanismo e Mobilidade Sostible. Docente homologada na Escola de Organización Industrial (EOI) nas materias seguintes: Entorno Económico, Transporte, Xestión e Organización de Empresas, Gobernanza e Sector Público, Responsabilidade Social Corporativa e Ética empresarial. Isabel Pardo de Vera será así o encargada de inaugurar co seu pregón, e xunto co Alcalde, as Festas Patronais de Monforte de Lemos deste ano 2024.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18623781204224