Instálanse 12 baños de uso público durante as Festas Patronais de Monforte
Durante as Festas Patronais de Monforte instalaranse 12 aseos públicos e de uso libre e gratuíto durante a celebración para dar resposta ás necesidades dos veciños e visitantes da cidade do Cabe, que acudan a desfrutar das Festas.
O alcalde, proseguiu coa explicación afirmando que “o número de visitantes á nosa cidade durante a celebración das Festas Patronais vai en aumento ano tras ano, motivo polo que dende o Equipo de Goberno, valoramos a posibilidade de instalar 12 baños públicos durante os días que duran as Festas de Monforte, co obxectivo de que poidan reforzar o servizo que dan os distintos locais de restauración, comercios e bares, que se atopan nas proximidades das zonas onde actúan as orquestras, grupos musicais e artistas, contratados para a celebración deste evento”.
“A zona destinada ás actuacións, explicaba o rexedor, é a mais adecuada para o desenrolo deste tipo de acontecementos, xa que está situada nunha ubicación idónea non só para que se reúna unha gran cantidade de xente de forma segura, senón que ademais, está dotada con unha gran cantidade de bares, cafeterías, restaurantes, e en xeral, locais de ocio, dispostos a dar resposta ás necesidades de todos os veciños e visitantes que desfrutamos das Festas”.
En previsión da gran acollida que está a ter o programa de Festas deste ano, "imos reforzar os servizos sanitarios coa instalación de 12 baños químicos de uso público que se colocarán no punto xusto onde se prevé mais acumulación de persoas, é decir, na Compañía, de tal forma que 6 destes baños, se situarán na zona da Pérgola e os outros 6, na zona arbolada do Parque da Compañía".
En cada unha das localizacións escollidas, colocaranse 5 aseos mixtos e 1 para persoas de movilidade reducida, facendo un total de 12 baños químicos, que terán servizo de limpeza e mantemento diario e que serán de uso libre e gratuito.
Tomé engadiu que esta medida, que se implanta este ano por primeira vez, espera que sexa ben acollida polos veciños, xa que se pretende aumentar os servizos sanitarios que xa tiñan dispoñibles.
O rexedor quixo, ademais, facer unha petición pública solicitando o uso responsable dos baños públicos e dun comportamento o máis cívico posible, intentando entre todos mantelos limpos, xa que “é imposible ter un servicio de limpeza continuo e constante e si cada unha das persoas que os utilice, fai un uso racional dos mesmos, conseguiremos entre todos, que estén en perfecto estado durante os cinco días que estarán dispoñibles para ser utilizados”.
Que esta iniciativa de implantación novidosa este ano, resulte útil e positiva, dependerá en gran medida do comportamento que cada un de nós teñamos no uso dos baños instalados para a ocasión. Por iso é necesario insistir, nun uso responsable das instalacións que tal e como afirma Tomé, “está seguro que serán coidadas polos veciños de Monforte que sempre son exemplo de comportamentos cívicos e educados tal e como veñen demostrando ó longo destes anos”.