Inauguradas as dúas novas casas do maior de Bóveda

RibeiraSacraXa
Os veciños e veciñas contan xa con dous novos servizos gratuitos de atención a maiores que darán servizo a unha decena de persoas da contorna
Inauguración da Casa do Maior Catadoiro, en Bóveda
Inauguración da Casa do Maior Catadoiro, en Bóveda
10 Jan 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou as dúas novas casas do maior deste concello que acaban de poñerse en marcha. Así, destacou que grazas a estes recursos os veciños do municipio contan cos dous primeiros servizos gratuítos de atención a maiores.

Na visita, na que estivo acompañado do alcalde, José Manuel Arias, o director xeral coñeceu as instalacións das casas que se sitúan no núcleo de Bóveda e na parroquia de San Fiz. Ambos recursos, que acaban de abrir as súas portas, ofrecen unha atención gratuíta e diúrna a unha decena de veciños. Así mesmo, sinalou que estas casas do maior son un recurso fundamental para impulsar a conciliación familiar nas zonas máis rurais.

Nesta liña, Antón Acevedo sinalou que se trata dun servizo fundamental para garantir a mellor atención e coidado aos maiores das zonas máis despoboadas e lembrou que forma parte da aposta da Xunta de Galicia para posibilitar o envellecemento activo e o benestar das persoas da terceira idade.

As dúas casas do maior de Bóveda súmanse ás xa existentes na comarca de Terra de Lemos, que conta cun total de seis recursos destas características, incluíndo os tres servizos do concello do Saviñao e o novo recurso de Sober, tamén de recente apertura. Nestes momentos, en Galicia hai máis de 140 casas do maior en funcionamento.

 

0.11825013160706