Galego de Caracas, Yolanda Alcas e Noa Moreira, gañadores do Bóveda Slam Poetry

RibeiraSacraXa
O Bóveda Slam Poetry, organizado pola asociación Kultur N’aldea, chegaba ao seu final este sábado 2 de decembro na Casa da Escola de Ribas Pequenas.
Gran Final de Bóveda Slam Poetry
5 Dec 2023

O Bóveda Slam Poetry, organizado pola asociación Kultur N’aldea, chegaba ao seu final este sábado 2 de decembro na Casa da Escola de Ribas Pequenas. A competición de poesía orixinal recitada tiña no seu último encontro a sete poetas.

Finalmente, Simón Rodríguez, coñecido como Galego de Caracas; Yolanda Álvarez Castro, coñecida como Yolanda Alcas e Noa Moreira recibían a Cunca de ouro, de prata e de bronce respectivamente.

Deste xeito, Galego de Caracas queda clasificado para a Gran Final da seguinte tempada, primeira na que a cita estará inscrito no circuíto oficial Poetry Slam España.

0.11872386932373