Galego de Caracas participou no XIII Campionato Estatal de Slam representando ao Bóveda Slam Poetry

RibeiraSacraXa
“Ficamos moi orgullosos da súa representación e da pegada que Galego de Caracas deixou no campionato", defenden desde a entidade
Campionato-Slam
25 Out 2024

Simón Rodríguez, máis coñecido como Galego de Caracas, participou no XIII Campionato Estatal de Slam representando ao Bóveda Slam Poetry.

Galego de Caracas, que non conseguiu facerse co premio, interpretou unha peza en lingua galega e o público obsequiou ao poeta cunha impresionante ovación, deixando patente o agrado co que acolleu a interpretación do seu poema.

Galego de Caracas participou na primeira das dúas semifinais do certame, mais non acadou a clasificación para a final, a pesar da inmellorable interpretación.

“Ficamos moi orgullosos da súa representación e da pegada que Galego de Caracas deixou no campionato. A participación neste acontecemento, no que se celebraron diferentes actividades lúdicas e culturais, foi unha experiencia moi enriquecedora para poetas, organizadoras e organizadores”, explican desde o Bóveda Slam Poetry.

Ademais, agradecen a todos os implicados na organización deste evento cultural “o gran esforzo que lle adicaron e o agarimo co que nos agasallaron en todo momento”.

Por outra banda, informan de que no mes de novembro darán comenzo á segunda tempada no circuíto estatal de Poetry Slam.

0.19761896133423