Foron entregados os premios do I Concurso de Fachadas e Balcóns do Concello de Chantada

A Casa da Cultura de Chantada acolleu a entrega de diplomas e agasallos do "I Concurso de Fachadas e Balcóns do Concello de Chantada".
No acto de entrega estiveron presentes: Manuel L. Varela, alcalde do Concello de Chantada; Diego Otero, concelleiro de Parques e Xardíns, Modesto Varela, xefe do equipo de Parques e Xardíns; Juan Alberto Diéguez, concelleiro de Infraestruturas Rurais e Belén Vázquez, concelleira de Deportes.
O alcalde, o concelleiro e o encargado de Parques e Xardíns xunto aos demais representantes agradeceron moito a participación de todas as persoas e animaron a seguir formando parte desta iniciativa que terá continuidade.
Así, desde o Goberno local felicitaron ás gañadoras e gañadores, que foron Ana María López González, Alicia Fernández Lamas, Diana Iglesias Crespo, Victorino Fernández Rodríguez, Ana Belén Otero Vázquez e a tódolos demais participantes.