Folgoso prepárase para unha nova edición da Festa da Castaña do Courel
A XXXV edición da Festa da Castaña de Folgoso do Courel, considerada Festa de Interese Turístico, celébrase este sábado, 2 de novembro no Souto da Carroza.
As actividades comezarán ás 12.00 horas coa actuación da agrupación Courelouzara. Ás 13.30 horas terá lugar o pregón a cargo do cociñeiro Kiko Piñeiro e entregaranse os trofeos do V Concurso de Tapas Castaña do Courel.
Ás 15.00 horas, a festa continuará coa actuación do grupo tradicional Os Gaioleiras e, as 17.00 horas, os festexos estarán amenizados polo grupo O recanto e a charanga Nova Trives.
Durante a tarde haberá unha degustación gratuíta de castañas e viño e, as 21.00, arrancará a cea popular. Ás 22.00 horas, terá lugar unha actuación do Dúo La Hora Bruja e, para rematar a festa, a partir das 24.00 horas haberá un concerto dos Gin Toni’s, seguidos dunha nova actuación do Dúo La Hora Bruja.