Folgoso do Courel convoca a licitación da obra de ‘Construción da Área Fluvial de Mogoxe'

RibeiraSacraXa
El ayuntamiento de Folgoso do Courel convoca la licitación de la obra de construcción del Área Fluvial de Mogoxe.
concello folgoso courel
3 Dec 2021

O Pleno do Concello de Folgoso do Courel acordou, en sesión extraordinaria e a proposta da Alcaldía, aprobar a memoria xustificativa e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, da obra de ‘Construción da Área Fluvial de Mogoxe’, convocando a súa licitación.

Tamén se aprobou o gasto correspondente, que ascende a 375.618,25 euros, dos que 150.000 euros proceden da Axencia Galega de Turismo e 150.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A contía restante correspóndelle ao Concello de Folgoso do Courel.

Aprobáronse ademais os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares, así como o proxecto que servirá de documento de prescricións técnicas que rexerán o contrato. Tamén se vai publicar no perfil de contratante o anuncio de licitación e toda a documentación integrante do expediente de contratación.

A Corporación aprobou na mesma sesión e tamén a proposta da Alcaldía un expediente de modificación de crédito, coa modalidade de suplemento de crédito, financiado con cargo ao remanente líquido de Tesourería resultante da liquidación do exercicio anterior para acometer o proxecto de Mogoxe por un importe de 49.642,93 euros.

Ambas as propostas de Alcaldía saíron adiante co voto a favor do equipo de Goberno, a abstención do PSOE e o voto en contra de Courel Vivo.

A obxectivo da área recreativa de Mogoxe é, segundo lembran no Concello, consolidar o atractivo turístico de Folgoso do Courel e ampliar a oferta dispoñible tanto para os veciños e veciñas como para os visitantes baseada na natureza e o patrimonio etnográfico.

0.14102983474731