Finaliza a 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega, no paseo do Malecón, das medallas e premios correspondentes á 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte. Nesta competición piragüística celebrada en augas do río Cabe, participaron 85 palistas procedentes de Dumbría, Mondariz, Salvaterra, Tomiño, Castrelo de Miño e Monforte de Lemos.
Competiron nas categorías, todas elas masculino e feminino, de Infantil C1, Alevín C1, Infantil K1, Alevín K1, Benxamín K1 e Prebenxamín K1. Por equipos, resultou gañador o club Teixugos de Tomiño, con 261 puntos, seguido do club Quixós de Monforte, con 252 puntos, e quedando en terceiro lugar o club de Dumbría con 170 puntos. A actividade foi organizada polo Club Quixós de piragüismo, e conta co apoio do Concello de Monforte e a Deputación de Lugo.