Festas patronais en Escairón, no municipio de O Saviñao

RibeiraSacraXa
Escairón celebra dende hoxe venres día 5 e ata o martes día 9 as súas festas patronais na honra á Virxe das Dores
festas-escairon
5 Aug 2022

Escairón celebra dende hoxe venres día 5 e ata o martes día 9 as súas festas patronais na honra á Virxe das Dores.

O venres 5 terá lugar un festival de charangas e verbena amenizada polas orquestras Europa e CLK.

O sábado 6 os asistentes poderán desfrutar da X Carreira Popular O Saviñao, ás 11.00 horas. Haberá verbena coa orquestra Punto Clave e a actuación de David Bustamante.

O domingo 7 celebrarase unha misa solemne ás 13.00 horas cunha procesión e posterior sesión vermú no campo da lama amenizada pola Banda de Muimenta. Pola noite haberá verbena a cargo de Gin Tonis´s e a orquestra Solara.

O luns día 8 será a quenda da charanga Os Centellas e das orquestras Panamá Band e Saudade, e ás 17.00 horas haberá unha festa da espuma e inchables gratuítos no campo da lama.

O derradeiro día, o martes 9, celebrarase unha carreira de burros ás 12.00 horas e o público poderá gozar coa actuación da charanga Unión Phenosa. Xa pola noite, será a quenda das orquestras Combo Dominicano e Panorama e haberá tamén fogos de artificio ás 00.00 horas no campo de fútbol.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1978440284729