Expertos en paisaxes cítanse en Nogueira de Ramuín no marco do Congreso Internacional 'Fontes'

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O encontro internacional contará con especialistas culturais e investigadores en bens patrimoniais e abordará a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
Parador de Santo Estevo
26 Oct 2024

Nogueira de Ramuín acolle a partir deste domingo e ata o vindeiro 29 de outubro, o Congreso Internacional 'Fontes', que terá lugar no parador de Santo Estevo, mesmo escenario no que o pasado ano se organizou un primeiro encontro internacional con expertos sobre paisaxes culturais da auga.

O encontro internacional contará con especialistas culturais e investigadores en bens patrimoniais. Sumaranse tamén representantes de institucións culturais, académicas e das administracións, tanto do eido local como de outras comunidades autónomas.

Finalmente, explicou que a finalidade deste congreso internacional é afondar, establecer sinerxías e debater sobre a xestión e retos dos espazos e enclaves distinguidos como Patrimonio Mundial co propósito de promover estratexias de colaboración entre diferentes actores relacionados coa candidatura da Ribeira Sacra.

0.18553590774536