Éxito de asistentes na xornada etnogastronómica na praza de abastos de Monforte

RibeiraSacraXa
O alcalde, José Tomé Roca, inaugurou esta sesión dentro das actividades arredor da campaña Quere o teu Mercado
xornadas-gastronomicas-praza-monforte
A inauguración do evento
1 Xuño 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou a xornada etnogastronómica que o equipo de Goberno organizou, dentro das actividades arredor da campaña Quere o teu Mercado, co obxectivo de exaltar e promocionar os produtos da Praza de Abastos da cidade.

O rexedor monfortino resalta que “as prazas de abastos, a través de canles cortas de comercialización, garanten a calidade dos produtos alimentarios galegos, e nelas únese tradición e modernidade, a través da profesionalidade dos seus praceiros e praceiras”.

No acto, que tivo lugar no espazo expositivo da Praza de Abastos, estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López, así como a técnico de desenvolvemento local, María Trinidad López.

A xornada resultou todo un éxito de participación, xa que numeroso público encheu os mercados dende ás 8 da tarde, e puideron degustar a oferta de varios restaurantes locais e adegas, que ofreceron tapas variadas e viños de adegas da DO Ribeira Sacra, acompañados de música en directo do grupo monfortino “Segunda Parte”.

0.16634607315063