Estúdase a posible dixitalización de Taboada coa chegada da fibra ás vivendas
RibeiraSacraXa
Estúdase a posible dixitalización de Taboada coa chegada da fibra ás vivendas despois de reunións con Adamo
13 Mar 2023
O alcalde de Taboada, Ramiro Moure, reuniuse con representantes das empresas Citelfo e Adamo no que se abordaron temas relativos á dixitalización do mucipio.
Así, concretaron a posible instalación de 86.000 metros de fibra no Concello de Taboada, e a instalación doutros 1.500 postes a maiores dos instalados.
Ademais, prevese que chegue a fibra a 1.050 vivendas do Concello, así como quedaron de acordó en facilitar o acceso de todas as persoas a internet.
O Concello, desta maneira, quere mellorar a cobertura da poboación de Taboada en todas as aldeas a curto prazo e para iso a inversión en infraestruturas será de 500.000 euros.