Este venres Monforte acolle unha charla sobre os efectos do alcohol na mocidade
Co fin de concienciar ós rapaces e rapazas na toma de alcohol, este venres 18 o Colexio Ferroviario de Monforte celebrará unha charla para saber como actuar ante a súa primeira borracheira.
Esta iniciativa organizada pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio Ferroviario, xunto coa Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos, terá lugar o día 18 ás 19.30 horas no Colexio Ferroviario.
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Esta unidade do concello de Monforte de Lemos está formada por un equipo que presta servizo en diferentes disciplinas e conta con profesionais das ramas médica-psiquiatra, psicoloxía clínica, traballo social, enfermeiros, educadores sociais, monitores de tempo de ocio e administrativos.
Estes profesionais atenden as demandas de asistencia en temas coma o alcohol, o tabaco, as drogas ilegales e tamén a adicción ó xogo ou outras sen sustancia (coma a adicción ás novas tecnoloxías ou a realizar compras de xeito compulsivo).
Traballan tamén ofrecendo información, orientación e asesoramento para pais, profesores, rapaces e rapazas e público en xeral.
A prevención, desintoxicación e reinserción son outras facetas da súa actividade.
O seu horario é de luns a venres de 08.00 a 15.00 horas e o seu enderezo de correo electrónico uad@concellodemonforte.com