Este sábado desenvolverase o V Quimedo na vila de Quiroga

RibeiraSacraXa
O pavillón municipal, centro neurálxico do Qui-Medo, abrirá a partir das 19.00 horas para que o líder de cada grupo se achegue a recoller as pulseiras de entrada ás casas
Presentación-Quimedo-2024
25 Out 2024

Os organizadores do Quimedo e parte do Equipo de Goberno de Quiroga presentou o V QuiMedo, a cita do terror que pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200 participantes. Soamente queda un pequeno número que se reserva para poñer á venda o propio día 26, dúas horas antes do comezo do recorrido.

Para os que aínda non coñezan esta cita, trátase do percorrido por un gran túnel do terror polo casco urbano de Quiroga e Pacios de Mondelo.

Formado por nove casas ambientadas e cada unha cunha temática, cada unha delas terá moitos voluntarios, máis dun cento, caracterizados coa única misión de darlle medo a todos os que se atrevan a entrar. Pero non só nas casas, senón tamén no percorrido para chegar a elas pode haber sorpresas.

Casas do medo

Os organizadores xa anunciaron o nome das casas para irse facendo unha idea do que se pode atopar dentro. A primeira das casas será A Pirámide, Despois da Casa da Momia no QuiMedo 4, agora chega esta nova casa na que se entrará na cámara funeraria da gran pirámide para descubrir se o faraón segue vivo.

A segunda das casas terá unha localización inédita. Na “Xungla” ao animais rebélanse ante a deforestación que está a sufrir o seu hábitat por culpa dos humanos.

A terceira das casas leva por nome “O barco pirata”. Hai moitos séculos uns piratas pagaron coa súa vida o atopar un tesouro, dende entón custodian o seu barco e o seu tesouro sen deixar que ninguén se achegue.

A cuarta casa, tamén cunha localización inédita, é a “Apocalipse zombi”, onde a policía tenta deter a rebelión dos presos zombis.

A quinta é a Casa das Torturas. Baseada nesta terrorífica práctica da Idade Media, esta é a única localización na que os organizadores advirten que non está recomendada para menores nin para xente sensible.

A sexta localización é a Casa das bruxas, onde os peores pesadelos se farán realidade.

O famoso videoxogo 'Last of Us' é a temática da sétima casa do QuiMedo5, onde os valentes que se adentren terán a axudar a un pai e unha filla a sobrevivir e escapar do virus “infected”.

Máis actividades

Non podía faltar nesta edición o 'Cine de terror' no que sentiremos o que pasa cando te metes tras a pantalla dunha película de terror e ficción.

E por último o derradeiro pasaxe do terror é a casa da “Ouija”, parece un xogo... pero as veces non o é... e molestas a quen non debes.

O pavillón municipal, centro neurálxico do Qui-Medo, abrirá a partir das 19.00 horas para que o líder de cada grupo se achegue a recoller as pulseiras de entrada ás casas e tamén para o inicio da festa infantil, aberta a todos os nenos e nenas sen necesidade de inscrición.

As 21.30 horas darase o pistoletazo de saída dende o pavillón para visitar as casas do terror. Durante tres horas, tempo marcado para o recorrido, cada grupo deberá seguir un mapa trazado pola organización para evitar as grandes aglomeracións na entrada das casas.

Unha vez que os participantes rematen o recorrido, comprobando se o QuiMedo V foi tan terrorífico como promete, nova xuntanza no pavillón municipal para desfrutar da Quimedo Fest cos DJ Mavi Krueguer e Adri Díaz Jason.

0.14399290084839