Este sábado comeza o Outono Xeolóxico organizado polo Xeoparque Montañas do Courel
O Xeoparque Montañas do Courel organiza unha nova edición do Outono Xeolóxico en catro xornadas nas que se abordarán catro temáticas diferentes en distintos espazos de Folgoso do Courel.
As primeiras xornadas serán o vindeiro sábado, 30 de setembro, en Froxán e Vilar, onde se abordará o impacto dos lumes nas rochas do Xeoparque. O seguinte terá lugar o 21 de outubro no túnel romano de Montefurado. A terceira será o 5 de novembro no val glaciar da Seara, onde se falará sobre a última glaciación nas montañas do Courel. E, por último, a cuarta e última será o 11 de novembro no complexo mineiro do Covallón.
Todas as xornadas inclúen a realización dunha ruta interpretada polos diferentes ponentes das xornadas e por membros do comité científico do Xeoparque Montañas do Courel e rematarán cunha degustación dos "sabores das nosas rochas".