Esta fin de semana celébrase a Festa do Viño e da Cereixa de Belesar, que acolle diferentes actividades
Este fin de semana celébrase a XVII Festa do Viño e da Cereixa 2023 en Belesar, en medio dos concellos de O Saviñao e Chantada, durante a cal Ana Cancela, deseñadora do cartel deste ano, será tamén a pregoeira.
Durante estes dous días, a beira da Ponte de Belesar será o palco onde se exaltarán os productos do lugar nunha feira organizada pola Asociación de Papeiros e Rabudos, colaboración dos Concellos de O Saviñao e Chantada, así como a Asociación de Empresarios xunto con varias Adegas, Terras de Bendaña, Fontao e Condado de Sequeiras.
Nestas dúas xornadas festivas e gastronómicas, haberá cata de viños, xantares, música e verbas. En concreto, hoxe, a partir das 11.00 horas abriranse os postos de produtos típicos e ás 12.00 horas o grupo Nubeiro comezará o seu pasarrúas. Xa ás 12.30 horas terá lugar a inauguración oficial da feira, coa actuación das Cantareiras Sons de Outeiro e a lectura do pregón.
Tamén se fará entrega do galardón aos novos cofrades e ás 14.30 horas comezará a sesión vermú coa amenización musical do grupo Meritxell e ás 17.00 horas coa actuación das Cantareiras Sons de Outeiro e o grupo de gaitas Nubeiro. Pola noite, ás 20.00 horas, celebrarase a verbena da man do dúo Meritxell.
Pola súa parte, o domingo ás 10.00 horas abriranse os stands e ás 11.30 horas actuará o grupo de gaitas Castro-Candad cun pasarrúas. Xa ás 13.00 horas terá lugar a sesión vermú a cargo de Meritxell. Pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o certame de Aturuxos e, para finalizar, ás 19.00 horas Meritxell volverá actuar para pechar o evento.