Esta fin de semana celebrarase o XXVII Campamento Infantil-Xuvenil de Espeoloxía no Folgoso do Courel
A Federación Galega de Espeleoloxía, a sección de espeleología do Club Pena Trevinca e o C.E. A Trapa (CETRA) organizan o XXVII Campamento Infantil-Xuvenil de Espeleoloxía, que se celebrará o 9 e 10 de setembro en Folgoso do Courel.
Este campamento pretende ser un premio para todos os xuvenís e infantís federados que dedicaron parte da súa actividade deportiva en 2023 ao adestramento e práctica de técnicas de progresión vertical.
Durante este campamento, no que haberá dispoñibles corenta prazas para federados ata o 15 de agosto, os organizadores inclúen a visita a algunhas cavidades con pozos e tamén haberá a posibilidade de visitar covas que non requiran técnicas de progresión vertical.
Os pais, titores ou responsables acompañarán aos menores de idade durante todas as actividades, especialmente naquelas covas que requiran técnicas de corda, e serán responsables de que o menor realice as manobras de seguridade necesarias de forma correcta.