EspertaMonforte pide ao Concello de Monforte un secretario e interventor a tempo completo

RibeiraSacraXa
Din que son “traballadores fundamentais e non entendemos esta situación agravada pola falta de interventor”
Esperta-Monforte
17 Xul 2024

EspertaMonforte levará outra moción ao pleno do Concello de Monforte na que pide un secretario e interventor a tempo completo.

Así, explican que Monforte é unha cidade de 18.250 habitantes cun presuposto anual duns 16 millóns de euros que conta cun secretario a tempo parcial e cunha interventora accidental.

Cren, desta maneira, que “isto non é o máis recomendable nin o mellor para o bo funcionamento do noso Concello”, xa que son “traballadores fundamentais e non entendemos esta situación agravada pola falta de interventor”.

0.216717004776