Espasantes acollerá en decembro a I Xornada de Iniciación á Micoloxía

RibeiraSacraXa
Espasantes, en Pantón, acollerá en decembro a I Xornada de Iniciación á Micoloxía o vindeiro 4 de decembro
micoloxia
13 Nov 2022

O vindeiro domingo 4 de decembro terá lugar na parroquia de Santo Estevo de Espasantes, en Pantón, a I Xornada de Iniciación á Micoloxía Teórica e Práctica con Saída ó Campo.

O acto, que terá lugar en horario de 10.00 a 14.00 horas, está organizado pola asociación de veciños A Curuxeira e nel poderase desfrutar dunha charla da man do relator José Castro, membro da sociedade micolóxica Lucus.

Ás 14.00 horas terá lugar un xantar con empanadas do país no local social de Espasantes.

As inscricións para participar nesta xornada deberán realizarse antes do venres día 2 de decembro, en calquera dos seguintes números de teléfono: 661 75 01 98, 654 71 25 35 ou ben 687 17 80 56.

A micoloxía

A micoloxía é a ciencia que estudia os fungos, organismos vivos que necesitan materia orgánica para desenvolverse. Están formados por unha maraña de filamentos delgados que reciben o nome de hifas e colectivamente reciben o nome de micelio.

Dende hai poucos anos estamos a ver un gran aumento da afección polas setas, xa sexa por pasar un día en familia, entre amigos, por inquietudes culinarias ou por interese económico. O certo é que dito aumento de afección non veu acompañado por unha boa formación, nin micolóxica nin ecolóxica, provocando así numerosas intoxicacións ou danos no medio ambiente. De aí que moitas asociacións como neste caso A Curuxeira queiran impartir coñecementos sobre o tema.

micoloxia panton
0.10594296455383