Entregáronse os premios do concurso de Poesía de Nadal de Monforte aos nenos gañadores

RibeiraSacraXa
Entregáronse os premios do concurso de Poesía de Nadal de Monforte aos nenos gañadores, de diferentes colexios
premios poesia nadal monforte
16 Feb 2023

José Tomé Roca, acompañado pola Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón Rajo, fixo entrega, na Biblioteca Pública, dos premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2023 aos nenos e nenas que resultaron gañadores do mesmo.

Os premios foron fallados polo xurado o martes día 10 de xaneiro. Este concurso foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.

Os galardóns, nas súas distintas categorías, foron entregados a Dayma Pino Valcárcel, do Colexio Ferroviario; Darlyn Giraldo Quiceno, do Colexio A Gándara; Cayetana Rodríguez Carrera, do Colexio Pais Escolapios; Sabela Castro González, da Fundación Torre de Lemos, Mara Ledo Escudero, do Colexio Ferroviario e Xurxo González Rodríguez, do IES Río Cabe.

O alcalde agradeceu a participación de todos os nenos e nenas, e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que dende o concello se convocan ó longo do ano.

0.19327712059021