Diversos grupos de teatro animarán durante os próximos meses o centro sociocultural de Bóveda

RibeiraSacraXa
Varias entidades asociativas de Bóveda, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello, a Deputación de Lugo a Secretaría Xeral de Igualdade ou o Pacto de Estado pola Igualdade; veñen de organizar un ciclo de teatro con grupos profesionais e afeccionados.
Centro Sociocultural Boveda
27 sep 2023

Varias entidades asociativas de Bóveda, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello, a Deputación de Lugo a Secretaría Xeral de Igualdade ou o Pacto de Estado pola Igualdade; veñen de organizar un ciclo de teatro con grupos profesionais e afeccionados.

O evento, que dará comezo o 13 de outubro co grupo Piconús, que traerá un espectáculo de comedia musical familiar organizada pola Anpa Ceip Rosalía de Castro.

A seguinte cita será o 21 de outubro co grupo teatreiras de Monforte, que representará unha comedia para todos os públicos baixo o nome de ‘Inseguridade Social’.

Máis actividades

Xa en novembro, o día 5 terá lugar a actuación ‘Poeta en Nova York’, unha obra de Teatro baixo da Area, e o 24 será a quenda da Compañía Xarope Tulú, co contacontos ‘Estrafalaria’.

Xa o 25 de novembro o Grupo Hipócrita Teatro de Lugo representará a obra ‘Casting’ e, por último, o 29 de decembro a última actuación será a do Grupo Ubú Teatro, coa súa comedia ‘Mudanzas’.

ciclo de teatro no outono Boveda
0.18931198120117