Decenas de persoas acudiron á actuación de Nerea Iglesias no Círculo Saviñao

RibeiraSacraXa
O Círculo Saviñao acolleu o concerto de Nerea Iglesias xunto co músico Borja López nun evento que tivo que cambiar de localización debido á chuvia.
Nerea Iglesias no Circulo Saviñao
21 Ago 2023

O Círculo Saviñao acolleu o concerto de Nerea Iglesias xunto co músico Borja López nun evento que tivo que cambiar de localización debido á chuvia. Así, as persoas convocadas para a terraza do local tiveron que entrar e desfrutar da melódica voz da cantante.

Así, durante case dúas horas o local encheuse de público en xeral, pero tamén docentes e algúns alumnos do IES A Pinguela, que quixeron acompañar a súa compañeira, xa que Nerea Iglesias é profesora de Inglés dese instituto.

Nerea, co seu dominio do escenario e a súa simpatía, conseguiu numerosos fans en Escairón, polo que no Círculo Saviñao apostan por que volverá a cantar alí no futuro.

0.16995811462402