Críticas do BNG á elección da pregoeira das Festas de Monforte: "O pregón non está para agasallar a ningún político"

RibeiraSacraXa
Desde o BNG de Monforte critican a elección, por parte do Goberno local, da pregoeira das Festas Patronais de Monforte
BNG-Monforte
17 Xul 2024

Desde o BNG de Monforte critican a elección, por parte do Goberno local, da pregoeira das Festas Patronais de Monforte, xa que din que o "Goberno local rompeu a tradición de elixir un monfortino destacado que levou o nome da cidade polo mundo para dar o pregón".

O alcalde de Monforte de Lemos anunciou que o pregón deste ano será pronunciado por unha figura non orixinaria da localidade, xustificando a decisión en base á súa contribución ao investimento ferroviario na liña Lugo - Ourense. Esta decisión foi percibida por algúns como un movemento político, a pesar de que o goberno municipal argumenta que se trata dunha elección "apolítica".

"Non cuestiono os coñecementos desta muller, pero o pregón das festas non está para agasallar a ningún político. É unha mágoa ver como se utiliza este espazo para propaganda política", explica Emilio Sánchez, voceiro municipal.

Desta maneira, desde o BNG sosteñen que o debate ao redor da elección do pregoeiro "reflicte unha división na comunidade respecto ao papel que deben xogar as tradicións nas celebracións locais e como se xestionan as influencias políticas en eventos culturais".

0.089944839477539